CANCIONEIRO DE DOM DENIS (CANTIGA DE ESCÁRNIO)

U noutro dia Dom Foam

disse unha cousa que eu sei,

andand’aqui en cas d’el-Rei,

boa razom mi deu de pram

per que lhi trobasse; nom quis,

e fiz mal porque o nom fiz.

.

falou migo o que quis falar

e com outros mui sem razom;

e do que nos i diss’entom

boa razom mi par foi dar

per que lhi trobasse; nom quis,

e fiz mal porque o nom fiz.

.

Ali u comigo falou

do casamento seu e d’al,

em que mi falou muit’e mal,

que de razóns i mostrou

per que lhi trobasse; nom quis,

e fiz mal porque o nom fiz.

.

E sempre m’eu mal acharei

por que lh’eu entom nom trobei,

.

ca se lh’entom trobara ali

vingara-me do que lh’oí.

.

DOM DENIS REI DE PORTUGAL (CANCIONEIRO B 1538)

Deixar un comentario